Campamentos de verán

CURSOS DE VELA E CAMPUS DE VELA

Comezamos o 24 de xuño

Duración

5 días (4h diarias).

De luns a venres, a partir do 26 de xuño

}

Horario verán

De luns a venres: de 10:00 a 14:00h ou de 16:00 a 20:00h

l

Prezo

95€/Curso

IDADE

A partir de 6 anos en adiante

Inscrición

Envíanos un WhatsApp

Correo

clubalamarsada@gmail.com

VESTIARIO

  • A nosa recomendación é que ao principio, para ir probando, non é necesario comprar nada especial, cun chándal e un suadoiro é suficiente. O traxe de baño e a camiseta os meses de verán, se o tempo o permite. É importante levar calzado que suxeite ben o pé: sandalias, Crocs)…
  • Se despois quere seguir no inverno, é recomendable un neopreno e escarpíns.
  • Traer roupa seca e toalla para mudarse ao finalizar a actividade
  • O club proporciónalles chaleco salvavidas a todos os alumnos.

OS NOSOS CURSOS

Os alumnos empezan nun barco escola, cun monitor a bordo que lles ensina as manobras básicas do funcionamento do barco. En canto saben realizar xa as manobras básicas, en 3 ou 4 clases, os alumnos pasan a barcos individuais e o monitor, desde unha lancha pneumática tipo zodiac, nun percorrido balizado, vailles dando indicacións para seguir aprendendo e chegar a ser autónomos, levando eles sós o barco.

Intentamos que os rapaces gocen e o pasen ben ao tempo que aprenden. Os rapaces sempre estarán vixiados, xa que para nós a seguridade é moi importante. Partindo da base de que non só somos monitores de vela, educaremos os rapaces en valores como o respecto aos compañeiros, ao medio, o coidado do material, etc.

perfeccionamento

Nas clases de perfeccionamento de vela para rapaces iremos ensinando como mellorar o rendemento do barco, para que o alumno vaia collendo seguridade e soltura con todo tipo de vento.

Dependendo da idade, capacidade e gustos do alumno, pasará do barco escola a outro tipo de barco como optimist, láser ou 420, en función das características do alunmo.

O noso obxectivo é que os rapaces gocen co mar, navegando e compartindo experiencias cos seus compañeiros e amigos. Por suposto, estamos a favor das regatas, pero estas non poden nin deben ser un fin en si mesmo, senón unha motivación para mellorar como navegantes, fomentar o espírito de sacrificio e do esforzo, tanto individual como de equipo, e aprender a sacarlle o máximo rendemento ao noso barco. En calquera caso, os alumnos que o desexen poderán iniciarse no mundo das regatas e orientalos sobre as mesmas.

Compartir vivencias con alumnos doutros clubs ou navegar noutras rías, parécenos importante para lograr o obxectivo de que os alumnos sigan navegando e mellorando no futuro.

Ven a coñecernos

Contacta con nós

Aviso legal

13 + 13 =