cursos de vela inverno/primavera

De setembro a xuño
Duración
De setembro a xuño
Horario inverno/primavera
Venres, sábados e domingos
Prezo
45€/mes*
*mínimo un ano
IDADE
Nenos e adultos
Inscrición
Envíanos un WhatsApp
Correo
clubalamarsada@gmail.com
VESTIARIO
- Un dos obxectivos de Alamar é desmitificar que os deportes de mar só pódense practicar no verán. Soamente hai que vir ben equipado (neopreno, escarpíns, gorro…) e non se pasa frío.
- Traer roupa seca e toalla para mudarse ao finalizar a actividade
- O club proporciónalles chaleco salvavidas a todos os alumnos.
OS NOSOS CURSOS
Se o teu obxectivo é navegar todo o ano, poderás facerche socio do club por só 45€/mes e poderás navegar todas as fins de semana pola Ría de Sada.
Os meses de Julio e agosto, pagando a mesma cota poderás navegar os 5 días da semana, de luns a venres.
Podes facer o curso de iniciación en 5 #fin# de semana ou unirche aos nosos equipos de regata, optimist, laser ou 420 que adestran durante todo o ano e participar en regatas.
Ou simplemente saír a dar un paseo para relaxarche e gozar do mar.
Esperámoste!!!!
perfeccionamento
Nas clases de perfeccionamento de vela iremos ensinando, como mellorar o rendemento do barco e que o alumno vaia collendo seguridade e soltura con todo tipo de ventos.
Dependendo da idade, capacidade e gustos do alumno, pasará do barco escola a outro tipo de barco como optimist, láser ou 420, en función das características do alunmo.
O noso obxectivo é que os rapaces gocen co mar, navegando e compartindo experiencias cos seus compañeiros e amigos. Por suposto, estamos a favor das regatas, pero estas non poden nin deben ser un fin en si mesmo, senón unha motivación para mellorar como navegantes, fomentar o espírito de sacrificio e do esforzo, tanto individual como de equipo, e aprender a sacarlle o máximo rendemento ao noso barco. En calquera caso, os alumnos que o desexen poderán iniciarse no mundo das regatas e orientalos sobre as mesmas.
Compartir vivencias con alumnos doutros clubs ou navegar noutras rías, parécenos importante para lograr o obxectivo de que os alumnos sigan navegando e mellorando no futuro.